Día das Escritorash Bl 0 vWTh Uj0r Jxjöah RW4Aw
O Día das Escritoras é unha celebración de carácter anual que se convoca o luns seguinte á data do 15 de outubro, en conmemoración da data de falecemento de Tareixa de Ávila.
Índice
- 1 Historia e características
- 2 Notas
- 3 Véxase tamén
- 3.1 Outros artigos
- 3.2 Ligazóns externas
Historia e características[editar | editar a fonte]
A conmemoración xurdiu por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, da Asociación Clásicas e Modernas e da FEDEPE para recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica[1].
A primeira celebración aconteceu o 17 de outubro de 2016 e consistiu na lectura pública en diversas bibliotecas de poemas, pasaxes de novelas e outros textos dunha trintena de escritoras en linguas como a galega, a catalá, a castelá ou a éuscara. As lecturas correron a cargo de personalidades diversas do mundo cultural de todo o Estado español.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Por fin las escritoras tienen un día propio, artigo en El Mundo o 17 de outubro de 2016 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
- Día Internacional da Muller
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Día das Escritoras na BNE (en castelán).