Domingo Saavedra Sánchez (mestre)Cc oa%hth L w X067i D0 V p4x23b W Ll Kto5 aKDx VC2
| Domingo Saavedra Sánchez | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de febreiro de 1887 |
| Friol | |
| Falecemento | 20 de outubro de 1970 |
| Nacionalidade | España |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Domingo Saavedra Sánchez.
Domingo Saavedra Sánchez, nado en Carballo (Friol) o 11 de febreiro de 1887 e finado en Sarria o 20 de outubro de 1970, foi un mestre nas escolas públicas de Sarria e fillo predilecto desta vila.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Exerceu preto de 40 anos a función docente, e non só atendeu as obrigas propias da escola que rexentaba, senón que, a falta de centros de estudos secundarios, impartiu clases preparatorias para bacharelato, maxisterio, comercio, oposicións etc., nun labor que alcanzou a varias xeracións de sarriaos. Moi integrado na vida cultural e social da vila foi cabeza dunha ampla familia. Recibiu a medalla de Afonso X O Sabio e, facéndose eco do seu labor, o Concello nomeouno Fillo Adoptivo e Predilecto. Ten unha rúa dedicada na Zona Escolar.