Ángel Carracedo2 s100 extes_w.iki.00cod []tiovg.lo
| Ángel Carracedo | |
|---|---|
![]() | |
| Nome completo | Ángel María Carracedo Álvarez |
| Nacemento | 12 de novembro de 1955 |
| Santa Comba | |
| Nacionalidade | España |
| Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
| Ocupación | Cátedra universitaria e médico |
| Premios | Medalla Castelao, Spanish National Prize for Genetics, Medalla de Galicia e Premi Rei Jaume I d'Investigació Mèdica |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo[1], nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.
Índice
- 1 Traxectoria
- 2 Recoñecementos
- 3 Notas
- 4 Véxase tamén
- 4.1 Ligazóns externas
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1978) e Doutor en Medicina pola mesma USC (1982), ambos con premio extraordinario.
Catedrático de Medicina Legal desde 1989 e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 hasta 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) (desde 1999), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002). Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.
Ten publicado 12 libros e mais de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xenética médica, cáncer e medicina forense. Segundo Thomson e Reuters (Web of Knowledge) o Grupo de Medicina Xenómica que dirixe é o primeiro a nivel mundial en citacións na área da Medicina forense no último decenio (2001-2011) e el é o autor con máis artigos, máis citacións e maior índice H na área. As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil e a farmacoxenómica.
Presidente da International Society for Forensic Genetics. Codirector da Unidade de Medicina Molecular Inco Sergas, é autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense.
Actualmente coordina a investigación coa labor docente. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela[2]. Foi escollido padriño das promocións 2000/2001 e 2011/2012 da Licenciatura de Medicina pola súa grande proximidade ao alumnado.
En setembro de 2015 recibiu o Premio Nacional de Xenética[3] na súa modalidade aplicada, recibíndoo na cidade andaluza de Córdoba[4].
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Rei Xaime I.
- Medalla Castelao 2006.
- Medalla de Ouro de Galicia 2011.
- Medalla Adelaida.
- Premio Fernández Latorre 2011[5].
- Premio Nacional de Xenética 2015
- Premio Lois Peña Novo 2015
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anxo Carracedo Álvarez no GaliciaDigital.com
- ↑ "Web do IMLUSC". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2011.
- ↑ Premio Nacional de Xenética
- ↑ «Ángel Carracedo recibe el Premio Nacional de Genética en Córdoba», Faro de Vigo, 18-9-2015 (en castelán).
- ↑ Premios 2011 Arquivado 30 de abril de 2012 en Wayback Machine. da Fundación Santiago Rey
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía e currículo
- Ficha en Santa Comba na memoria
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||
|
